InicioSucesosDesaloxan un bar de Covas "a altas horas da madrugada" con música...

Desaloxan un bar de Covas “a altas horas da madrugada” con música e clientes sen máscara

O establecemento pechara as súas portas á 1.00, horario límite permitido pola normativa, pero tras queixas dos veciños a Policía Local comprobou que volvera abrir ao público

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro emitiu este martes unha nota de prensa na que informou do resultado do “incremento” da vixilancia nas zonas de lecer nocturno efectuada pola Policía Local durante a pasada fin de semana, do 21 ao 24 de agosto, coa finalidade de tratar que se cumprisen as medidas impostas pola Xunta de Galicia con respecto ao Covid-19. Como resultado do operativo levantáronse 14 actas de propostas de sanción: cinco delas, por non facer uso da máscara, dúas por fumar en espazos públicos sen gardar a distancia, catro por consumir alcol en vía pública, dúas por falta de consideración aos axentes e unha contra un establecemento de hostalería por apertura ao público fora do horario permitido.

Neste último caso, concreta o Concello, “trátase dun establecemento de hostalería situado na zona de Granxas-Parquemar, o cal, nun primeiro momento pechou as súas portas á hora establecida (01.00 horas), pero, tras unha queixa veciñal formulada á Policía Local por veciños, a altas horas da madrugada, os axentes comprobaron que o establecemento volvera a abrir ao público, atopándose a clientes, camareiros e o propietario no seu interior, consumindo bebidas e con música. Algunhas destas persoas non facían uso da máscara. Procedeuse ao desaloxo do local”, explica o goberno municipal.

CONTROIS DE ALCOLEMIA E DE VELOCIDADE

No tocante aos controis de alcolemia, realizáronse 49 probas, das que dúas arroxaron un resultado positivo, tramitando as denuncias administrativas que conlevan unha sanción económica de 500 euros e aparellada a retirada de catro puntos do permiso de conducir. Establecéronse, tamén, controis de velocidade sobre 652 vehículos, resultando un total de 32 infraccións.

UN CONDUTOR DEUSE Á FUGA TRAS BATER CON DOUS COCHES ESTACIONADOS

Doutra banda, a Policía Local investiga para tratar de localizar ao condutor implicado nun accidente de circulación con fuga, con resultado de danos materiais. O incidente tivo lugar na estrada do Pirixel, á altura de San Lázaro, na madrugada do luns 24 ao martes 25, cando un vehículo chocou contra dous vehículos estacionados, ausentándose do lugar. Os vehículos sofren importantes danos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...